A semana de Xornal.com a un golpe de vista

xoves, 9 de xullo do 2009 Marcus Fernández

Experimentando novas fórmulas informativas, dende Xornal de Galicia están a probar un servizo de liña de tempo, no que se agrupa nunha táboa as novas máis importantes da semana seleccionadas automaticamente para que unha persoa que non consultase a prensa diariamente poida pórse ao día dun xeito rápido e doado.
Este novo servizo aínda está en probas (e precisa pulirse en detalles como a compatibilidade con distintos navegadores), pero resulta interesante a exploración de sistemas alternativos para acceder ás novas, que poderían dar lugar a servizos definitivos por parte dos medios de información no futuro.

PUBLICIDADE