A secretaria de Estado de I+D visitou o CITIC
luns, 30 de xullo do 2018
O
Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as
Comunicacións da Universidade da Coruña (CITIC) acolleu
este 27 de xullo a visita institucional da secretaria de Estado de
Universidades, Investigación, Desenvolvemento e Innovación, Ángeles
Heras Caballero. Trala recepción por parte do reitor da UDC,
Julio Abalde Alonso, e o presidente do Consello Social da UDC,
Antonio Abril Abadín, e logo das presentacións oficiais, a
secretaria de Estado tivo ocasión de coñecer in situ as
dependencias do CITIC, os seus equipos de investigación e os seus
principais proxectos. A visita desenvolveuse da man do director do
CITIC, Manuel González Penedo.
O
director do CITIC, durante a estadía, puxo en valor a labor
investigador da Universidade e a transferencia dos seus resultados ao
sector produtivo no ámbito das TIC. Ademais do dito, Ángeles Heras
puido comprobar tamén o funcionamento dun voo autónomo non
tripulado dun dron da liña SmartDrones, desenvolvida pola empresa
Avasing, pertencente a investigadores ligados ao CITIC.