A sanidade británica por fin dirá adeus ás máquinas de fax

luns, 10 de decembro do 2018 Marcus Fernández

O uso de tecnoloxías obsoletas na actualidade pode resultar sorprendente, e ao igual que a semana pasada sabiamos que aínda había 1.500 usuarios de buscas no Xapón, agora sabemos que o Secretario de Estado de Saúde e Seguridade Social de Reino Unido, Matt Hancock, vén de prohibir aos Servizo Nacional de Saúdo (NHS) a adquisición de máquinas de fax a partires de xaneiro de 2019 e fixando a erradicación deste tipo de dispositivos no 31 de marzo de 2020.
Actualmente o sistema sanitario británico ten en funcionamento máis de 8 mil máquinas de fax, método de comunicación considerado obsoleto dende hai bastante tempo, e que será substituído totalmente por un sistema de correo electrónico seguro, para así mellorar a seguridade dos pacientes e dos sistemas informáticos en xeral.
O propio Hancock asegura que os faxes están practicamente desaparecidos dende hai anos na meirande parte dos ámbitos profesionais (de feito, o fax xa era unha rareza a primeiros da década pasada), polo que insta á súa eliminación no NHS, para poder entrar no século XXI coa mellores tecnoloxías dispoñibles.

PUBLICIDADE