A revista Wizard di adeus ao papel
luns, 24 de xaneiro do 2011
Tras preto de 20
anos nos no mercado norteamericano (e cunha etapa na que tamén chegou aos
quioscos españois nunha versión traducida) a
revista Wizard despÃdese do soporte
fÃsico para que a súa compañÃa, Wizard World, centre a súa actividade nunha
páxina web en un evento coñecido coma Wizard World Comic Con Tour, que
percorrerá 12 cidades estadounidenses en 2011 a xeito de encontro de referencia
para a cultura popular na que dende estudos de cine e televisión ata
fabricantes de xoguetes terán o seu espazo.
Con esta reformulación a compañÃa anuncia que cesará de editar as revistas en
papel Wizard (dedicada ao mundo do
cómic) e ToyFare (centrada en
maquetas, bustos, estatuas e figuras de acción), para estrear en febreiro unha
nova revista dixital chamada Wizard World,
que buscará centrarse na cultura popular como facÃan os seus predecesores
impresos, achegándose aos comics, os xoguetes, os superheroes e os persoeiros
que están detrás de todo este mundo.
Este cambio de rumbo está a converterse en toda unha tónica habitual no sector
editorial, e aÃnda que poderÃa parecer que o mundo do cómic estea moi ligado ao
papel, o certo é que a revista Wizard
pecaba de obsolescencia en cada número, posto que xa existen grandes medios e
coñecidos blogs que daban a información incluÃda na publicación con semanas de
antelación e maior profundidade, polo que os seareiros do mundo do cómic foron
substituÃndo a súa dieta informativa en papel por contidos en liña, o que
poderÃa chegar a pasar con todo o seu mercado, que leva varios anos apostando
por distintas estratexias de edición dixital que poderÃan rematar calando a
medio prazo.