A revista MacToday para iOS pasa a ser de balde

luns, 20 de maio do 2013 Marcus Fernández

Nas últimas horas a revista MacToday emerxeu no Quiosco de Apple para dispositivos móbiles ata colocarse como número 1 de descargas, o que é posible grazas a que esta publicación mensual vén de facerse de balde, decisión bastante arriscada por parte desta revista con contidos interactivos (vídeos, audio, animacións, xogos...) que busca converterse na primeira revista de balde para usuarios de Apple en iOS, instando aos seus seareiros a difundir o seu cambio de modelo de negocio a través do hashtag@mactodaygratis. Aos actuais subscritores poderán solicitar a devolución da parte correspondente dos cartos que aboaran polos números que agora son de balde, e que ata o momento vendíanse a 1,79 euros cada un. A revista inclúe entrevistas, reportaxes, titorais, laboratorio de aplicacións, especiais...
Non só é posible descargar de balde todos os números desta interesante publicación dixital, senón que os interesados tamén poden subscribirse para recibir de xeito automático os novos números totalmente de balde, fórmula que polo momento seguen poucas revistas en España.
Dende MacToday advirten que é posible ter problemas na descarga dos seus números para iPad, iPhone e iPod Touch nestes momentos por culpa da saturación que están a padecer os seus servidores ante a vaga de usuarios que se animan a achegarse á súa revista agora que é de balde.


Vídeo promocional do paso de MacToday a revista gratuíta

PUBLICIDADE