A revista Galiciademoda convoca un concurso de blogs

martes, 6 de xullo do 2010 Marcus Fernández

O museo coruñés de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa (MACUF) acolleu a presentación da revista Galiciademoda, publicación actual que inclúe reportaxes realizadas por profesionais locais e que terá periodicidade semestral.
A nova revista está dispoñible en quioscos de toda Galicia dende o pasado 24 de xuño, pero esta plataforma de moda, arte, formación e turismo tamén ten unha vertente dixital, plasmada nunha páxina web na que recollen información de actualidade do sector, información sobre a publicación física, galerías de imaxes, espazo para producións audiovisuais e incluso un concurso de blogs, aberto ata o 1 de setembro, e no que poderán participar as mellores bitácoras galega de moda que teñan un mínimo de 3 meses de vida e de 2 actualizacións á semana (e que non pertenzan a xornais nin revistas en liña). Os 10 blogs máis votados aparecerán no número de Galiciademoda do mes de decembro, mentres que o blog de moda elixido polo xurado recibirá coma premio a presenza na vindeira edición do Daisy Market, un showroom de moda urbana internacional que celebrarase do 24 ao 26 de setembro no recinto de EXPOCoruña.

PUBLICIDADE