A reprodución multimedia en Chrome poderase controlar co teclado
venres, 8 de febreiro do 2019
Para o mes que vén está previsto o lanzamento
da versión 73 de Google Chrome, navegador web que será o primeiro en incorporar
o uso da Media Session API, ou sexa, que aproveitará
os botóns de reprodución multimedia presentes nos teclados de moitos ordenadores
de escritorio e portátiles.
A nova funcionalidade chegará inicialmente ás versións de Chrome para Windows, macOS
e Chrome OS (aÃnda non se fixou a súa data de incorporación a Linux) e permitirá
que os usuarios do navegador web poidan controlar audio e vÃdeo empregando as
teclas de reproducir, pausa, pista anterior, pista seguinte, avanzar e
retroceder, deste xeito, será posible, por exemplo, manexar a reprodución de
vÃdeos de YouTube a través do teclado do noso equipo.
Unha vez incorporada esta API a Chrome é de esperar que outros navegadores web
fagan o mesmo.