A rede social Yoopies xa conta con 1.415 coidadoras da nosa terra
venres, 6 de setembro do 2013
A Rede ten resposta para todo, mesmo para aquelas
nais e pais que precisen dunha terceira persoa que coide dos seus
fillos. En certa maneira, era lóxico que na Rede houbese un servizo
desta Ãndole (a Internet crea comunidade e dá respostas), como
tamén é natural que nestes tempos que corren, co paro polas nubes,
medrase a cifra de persoas que ofrecen a súa dispoñibilidade no
servizo. Falamos da rede social
Yoopies, un acubillo de internautas de moi diversas capacidades e
formacións (canguros, coidadoras-mestras, aias con vehÃculo
propio, persoal de atención con coñecementos de primeiros auxilios,
etc) pero todos unidos baixo un nexo común: o de brindar labores de
atención a menores. Dende El
Correo Gallego, da man de Xabier SanmartÃn, veñen de chegar
datos sobre a oferta galega: 1.415 canguros (66 só en Santiago).
Lembrar que estamos ante unha rede de balde (tanto
para quen coida como para quen require coidadoras/es), baseada en
Facebook (precÃsase perfil), e con precedentes de éxito en paÃses
como Francia, onde segundo explicou ao xornal compostelán Antonio J.
Pérez, responsábel de Yoopies España, impúxose a toda a
competencia existente. O servizo a nivel español xa leva máis dun
ano en activo, pero acadou pulo de xeito firme a partir de outono. A
nivel de metodoloxÃas, bótase man da xeolocalización de perfÃs, o
que facilita que se atope a persoa que máis conveña preto do
domicilio familiar. Ademais, tódolos canguros dispoñÃbeis son
recomendados por outros pais, o que deixa tranquilos aos usuarios
deste servizo. Estes (as nais e os pais) poden rexistrarse
gratuitamente no servizo e pendurar un anuncio onde dean conta das
súas demandas e do tipo de persoa que precisan, tendo acceso ás
valoracións doutros usuarios e crear comunidade e diálogo.