A rede sen fíos para o casco histórico compostelán comezará a operar nas vindeiras semanas

luns, 10 de novembro do 2008 Marcus Fernández

Olga Pedreira presentando a campaña publicitaria da nova rede sen fíos compostelá

O proxecto de rede sen fíos para o casco monumental compostelán desenvolvido a través dunha colaboración entre o Consorcio e o Concello xunto co Ministerio de Industria, que conta cun orzamento de 471.283 euros comezará a operar en problemas «nas vindeiras semanas» segundo publicou El Correo Gallego, estando xa practicamente concluída a instalación de repetidores de sinal, o que achegará acceso á Internet de balde en parques e espazos públicos, mentres que en domicilios as conexións estarán restrinxidas a páxinas web da Administración e de medios de comunicación (podendo evitarse tal limitación mediante a contratación de bonos).
Amais, a concelleira do Casco Histórico, Olga Pedreira, participará no III Congreso Europeo de Cidades Dixitais e Sen Fíos que se celebrará en Barcelona do 11 ao 13 de novembro co obxectivo de «coñecer de primeira man os proxectos pioneiros no desenvolvemento da conectividade, como pode ser o caso da rede Wi-Fi de Barcelona» o que pode ser un achegamento «moi útil para a futura rede sen fíos de Santiago, que incluirá servizos WiMAX e Wi-Fi».

PUBLICIDADE