A proposta en liña para pinchar música en galego colle corpo este sábado en Vigo
venres 3 de setembro do 2010, por |
Galegolab, a plataforma web da que falamos hai uns meses para dar conta da súa posta en marcha e da súa intención de promover virtualmente iniciativas reais de promoción da nosa lingua, xa comezou a dar froitos. En realidade, outra cousa non se agardaba, tendo en conta o necesitados que estamos deste tipo de propostas (logo do peche de Chuza! e Vieiros e a desaparición da revista A Nosa Terra) e a base mesma do proxecto Galegolab, que se apoia nun feito ben concreto: o da colaboración colectiva en liña, método clave para acadar o mantemento desexado. Segundo nos contan estes dÃas dende a propia plataforma e dende outras iniciativas afÃns como a CiberIrmandade, unha das propostas iniciais lanzadas ao universo cooperativo de Galegolab, o proxecto de facer pinchadas de música na nosa lingua (e música da boa), bota a camiñar este sábado en Vigo, máis polo miúdo na Casa de Arriba (na zona de Churruca) a partir das 12 da noite.
A festa, inserida no marco de Reciclaxe´10, xurdiu coa intención de conseguir que se escoite música nosa alà (precisamente) onde menos música nosa se escoita. A listaxe final de cancións que se van pinchar está a coller corpo na web de Galegolab, coa participación directa dos usuarios a través de suxestións ou do envÃo de temas en formato mp3.
De igual maneira, os membros da plataforma encargaranse de inmortalizar dixitalmente o evento, con vÃdeos, fotos ou crónicas que logo serán achegados ao portal para que se saiba aÃnda máis da experiencia.
Con todo, as pinchadas de música en galego non son a única proposta en marcha ao abeiro de Galegolab. Arestora, tamén son unha realidade as 24 Horas Galego FullScreen (elaboración de curtas que resuman as condutas dun falante da nosa terra) ou a creación dun Twitter en galego.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
















