A programación e a realidade virtual inclusiva centraron a última sesión do ano dos Almorzos TIC Talk
xoves, 1 de decembro do 2022
Este
martes 29 de novembro
o CITIC (o Centro de Investigación TIC da Universidade da Coruña)
acolleu a sétima e última sesión do ano dos Almorzos TIC Talk.
Os protagonistas do encontro, que ten a finalidade de achegar o
traballo realizado no centro nun ambiente distendido, foron Christian
Álvarez Peláez e Manuel Lagos Rodríguez.
En
primeiro lugar, Christian Álvarez Peláez presentou a súa
investigación Aplicación de programación matemática á
optimización dun proceso industrial, centrándose nun caso de
estudo nunha planta de regasificación na que se optimizaron as súas
operacións para o aumento da produtividade.
A
continuación, Manuel Lagos Rodríguez expuxo a súa temática de
tese Realidade Virtual aplicada á promoción do
envellecemento activo e á rehabilitación de persoas con diversidade
funcional, explicando as vantaxes de utilizar espazos para este
fin, xa que son máis seguros, personalizables e económicos. Para
finalizar, os/as participantes acudiron ao Demostrador Tecnolóxico
para probar o catro escenarios de realidade virtual desenvolvidos
polo investigador, empregando o sistema óptico de rastrexo de mans
leap motion, que permite interactuar co contido dixital sen
necesidade de mandos.