A primeira #QuedadaCoruña xunta a ducias de tuiteiros cun fin solidario
venres, 26 de febreiro do 2016
- O punto de partida da xornada foi a Praza de MarÃa Pita
As redes sociais teñen demostrado en numerosas ocasións ser
ideas para a organización de iniciativas que fuxan de estruturas formais, e
como exemplo diso esta tarde celebrouse na Coruña unha quedada de usuarios
locais de Twitter organizada de xeito orgánico na propia plataforma, sen contar
con páxina web nin responsables claramente visibles, xa que a convocatoria
realizouse simplemente chiando mensaxes nas que se buscaban adhesións para logo
marcar dÃa, hora e lugar, dando asà pé a unha primeira
#QuedadaCoruña.
Este encontro informal botou a andar ás 19:00 horas na Praza de MarÃa Pita, que
serviu de punto de encontro para rachar o xeo entre boa parte dos asistentes,
para continuar a actividade nun local del hostalarÃa próximo, El Feudo, onde se facÃa unha recollida
de alimentos non perecedoiros a favor do Banco de Alimentos.
- A #QuedadaCoruña tiña finalidade solidaria, xa que se recollÃan alimentos non perecedoiros para o Banco de Alimentos
A #QuedadaCoruña
buscaba a desvirtualización de tuiteiros locais, ou sexa, que os
usuarios de Twitter na cidade herculina poidan pór cara a outras persoas coas
que habitualmente intercambian comentarios a través da Rede e, en vista de que
máis de medio cento de persoas sumáronse á iniciativa, parece garantida a súa
reedición, xa que este tipo de xornadas de networking
son enriquecedoras para os participantes, que poden compartir experiencias e
establecer unha ligazón máis forte con outros usuarios de Twitter sen unha
pantalla separándoos.
O encontro foi claramente heteroxéneo, con profesionais da comunicación de
medios como RadioVoz e El Ideal Gallego, profesionais da xestión de redes sociais,
polÃticos, profesores, blogueiros, profesionais da hostalarÃa, xornalistas, atletas, e incluso un cómico, VÃctor Grande, que nalgúns momentos
exerceu de mestre de cerimonias improvisado, deixando claro que esta curiosa
fórmula auto-organizativa pode trunfar incluso nunha xornada na que a
meteoroloxÃa xogaba na contra.
- A #QuedadaCoruña celebrouse en El Feudo
- Non faltaron á cita profesionais de medios de comunicación con grande actividade en Twitter
O cómico VÃctor Grande rexistrou boa parte do encontro nun completo vÃdeo que serve para resumir a xornada: