A presidenta de Microsoft Ibérica estrea blog

luns, 12 de novembro do 2007

A presidenta de Microsoft Ibérica, Rosa Mª García, vén de sumarse á blogosfera co seu novo espazo El Ventanal de Rosa, dende o que pretende abrirse ó debate sobre o desenvolvemento da Sociedade do Coñecemento, o futuro da tecnoloxía e o papel do software na revolución dixital.
Así, a presidenta de Microsoft pode contar cun lugar para expor a súa opinión persoal e, nalgún caso, a de Microsoft, estreándose cunha entrada titulada como unha canción dos Dire Straits na que se presenta o blog.

PUBLICIDADE