A plataforma de É-saúde integra a Carpeta Persoal para rexistrar datos de saúde e poder compartilos cos sanitarios
luns, 23 de maio do 2022
A
Xunta de Galicia vén de poñer en marcha a Carpeta Persoal de Saúde, unha
plataforma onde a cidadanÃa pode xestionar datos sobre a súa saúde e
compartilos cos profesionais sanitarios. Deste xeito, os galegos poderán
rexistrar na súa Carpeta Persoal, accesible dende É-saúde, datos introducidos
manualmente ou recollidos automaticamente dende dispositivos ou aplicacións que
o cidadá emprega para monitorizar a súa saúde, como por exemplo: pulsÃmetros,
básculas, pulseiras de actividade, reloxos intelixentes, etc. Tamén poderá
rexistrar información sobre aspectos clave relacionados coa súa saúde, como
poden ser alerxias, antecedentes familiares, tratamentos, etc.
Xunto ao anterior, poderá rexistrar outros documentos como
imaxes ou informes e probas diagnósticas que o paciente puidese realizar en
diferentes provedores de saúde.
A plataforma permite que a cidadanÃa decida a información
que quere compartir cos profesionais sanitarios e facerlla accesible. O
profesional pode acceder dende IANUS ao apartado de historia clÃnica persoal e
consultar a información da Carpeta Persoal de Saúde do paciente que estea a
compartir. Ademais, os documentos compartidos polo doente poder ser incorporados
polo profesional á historia clÃnica.
É-saúde renova ademais a súa contorna gráfica adaptándoa aos
novos dispositivos móbiles e facéndoa máis sinxela.