A plataforma Prolingua reforza presenza e influencia nas redes

martes, 18 de setembro do 2012 Fernando Sarasketa

Prolingua, plataforma para a defensa de lingua activa dende hai tres anos, vén de reforzar a súa presenza na Rede. Esta nova vertente, con meirandes e máis fortes extremidades nas redes sociais e nas comunidades xerais de participación, deuse a coñecer os días pasados logo da celebración dunha asemblea xeral na que se aprobou “un novo rumbo”: máis presenza no ámbito local, máis actividades e, como dixemos, máis presenza nas redes.
Con esta mudanza, reflicte o Consello da Cultura Galega nunha reportaxe sobre a andaina acabada de comezar, os responsábeis da plataforma queren impulsar a loita pola lingua galega agora que é máis precisa (esta) que nunca.
Respecto á web de seu, a cuestión que nos toca de preto, dicir que se enriquece cunha serie de contidos destinados a dar conta, en detalle, da situación actual do galego a nivel de falantes e por zonas. Neste senso, inclúese un mapa no que se dá acubillo a todo tipo de opinións sobre o estado de cousas do galego, aberto para que cada internauta engada a súa experiencia co mesmo. Asemade, inclúense seccións de novas, campañas, voces, un observatorio do emprego do galego en distintos eidos sociais e (entre outras cousas) unha fonte de recursos de documentos tipo elaborados na nosa lingua.

PUBLICIDADE