A piratería de xogos para PC supera o 90% en Europa

luns, 24 de marzo do 2008 Marcus Fernández

A piratería está a afectar moi seriamente ó sector do videoxogos para ordenador, e mentres se estima que o índice de xogos piratas nos EE.UU. ronda o 80% nos EE.UU., tal taxa supera o 90% en Europa e no mercado asiático incluso «sairía da gráfica» segundo comentou nun foro web Michael Fitch, director do departamente creativo de THQ.
Fitch decidiu denunciar esta situación ó ver como a relación de ventas entre consolas e PC en xogos coma Bioshock estaba a un 5 a 1, mentres que outros coma Call of Duty 4 chegaba a un alarmante 10 a 1, o que parece confirmar que os usuarios de PC son máis proclives ó uso de copias piratas dos xogos.
Estes datos tamén explicarían por qué a oferta de títulos para PC descende constantemente nos últimos anos, pois cada vez resulta máis difícil rendibilizar un videoxogo para o ordenador, especialmente porque en moitos casos se pode descargar de balde da Internet antes de que chegue ás tendas.
Coma exemplo desta crise do sector temos como en febreiro pechou o estudo Iron Lore (que traballaba co THQ) ante a imposibilidade de acadar financiamento para continuar co seu ciclo de produción.

PUBLICIDADE