A piratería chega a iTunes con tarxetas prepago falsas

xoves, 12 de marzo do 2009 Marcus Fernández

A tenda musica en liña de Apple permite a compra mediante tarxeta de crédito ou tarxetas regalo cuns códigos que permiten cargar saldo nas contas dos usuarios mediante uns códigos xerados a través dun algoritmo que vén de ser descuberto, o que permite que no mercado chinés proliferen as tarxetas de iTunes piratas, sendo posible atopar tarxetas de 200 dólares por 17,9 iuans chineses (uns 2,15 euros).
Este problema ten unha complicada solución, pois de modificar Apple o seu algoritmo de xeración de códigos para as tarxetas regalo tería que invalidar todas as tarxetas actuais. E aínda que pareza que este problema se limite a China, o certo é que xa ten repercusións internacionais, pois os códigos tamén están a venderse a través da Internet.

PUBLICIDADE