A película en 3D sobre a última xira de U2 chegará a España o vindeiro outubro

xoves, 31 de xullo do 2008 Raquel Noya

U2 3D, a primeira película rodada en tecnoloxía dixital 3D sobre o grupo U2, estrearase nos cines do noso país o vindeiro día 3 de outubro como unha experiencia única na que o espectador pode sentir a enerxía dun multitudinario concerto, ofrecido dende un estadio por unha das bandas máis importantes do planeta.
O film consiste nunha fusión entre o sistema de imaxe dixital 3D coa son multi-canle surround para ofrecer un dos concertos máis brillantes do grupo británico rodado en Sudamérica durante os últimos concertos da súa xira Vertigo.
U2 3D non se comercializará en DVD nin se emitirá en plataformas de televisión polo que unicamente se poderá disfrutar dela a través dos cines con tecnoloxías 3D e IMAX 3D xa que o formato no que está rodada non permite a explotación no resto de plataformas.
O filme está dirixido por Catherine Owens, directora de contidos visuais de U2 durante máis de 15 anos e Mark Pellington, director do vídeo One da mesma banda.
Para a produción empregáronse unha ampla gama de cámaras con tecnoloxía 3D nunca antes usadas para un só proxecto, e o equipo de rodaxe recolleu as mellores imaxes do conxunto de concertos ofrecidos polo grupo en catro países distintos: México, Brasil, Chile e Arxentina. En total filmaron un total de 100 horas de metraxe en sistema dixital 3D, inmortalizando un listado de cancións que inclúen os temas máis emblemáticos do grupo como Pride (In the Name of Love), New Year´s Day, Sunday Bloody Sunday, Miss Sarajevo, Where the Streets Have no Name...
A película será distribuída en España por Precision en colaboración coa National Geographic Entertaiment.

PUBLICIDADE