A nova tempada de Los hombres de Paco preestrearase na Internet

venres, 4 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

Antena 3 anunciou (nun documento en formato PDF) que será a primeira canle televisiva en preestrear unha serie de éxito na Internet, pois dende o 7 de xaneiro ás 10:00 horas se poderá descargar o primeiro episodio da nova tempada de Los hombres de Paco.
O acceso ó episodio 36 horas antes da súa estrea se poderá acadar dende a web de Suzuki e a de Antena 3, polo que os seguidores da serie non terán que agardar ó horario de prime time do martes para ver a nova entrega desta teleserie.

PUBLICIDADE