A nosa terra ocupa o quinto posto no ranking de empresas TIC por Comunidades
luns, 30 de setembro do 2013
Observatorio
da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA)
vén de facer un novo reconto sobre o acadado na nosa terra en
materia tecnolóxico-dixital. Desta volta, a temática céntrase nun
dato que achega moitas luces sobre o camiño percorrido: o número de
empresas do sector TIC que atesouramos. Segundo nos fai saber o
Observatorio, órgano adscrito á Axencia para a Modernización
Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), a cifra de firmas do eido do
coñecemento e a información superou a liña das 2.000, situándose
en xuño de 2013 en 2.029, o que significa que se deu un medre do
2,7% con respecto ao ano anterior. Ademais, sinala AMTEGA, isto
sitúa a Galicia como a quinta Comunidade con meirande número de
empresas TIC, subindo un chanzo
no ranking
estatal en relación ao período previo e indo alén do ritmo de
crecemento do número de empresas TIC a nivel estatal (1,9%).
Como
dixemos, son
datos recollidos no Diagnóstico
ás Empresas TIC sobre a Sociedade da Información en Galicia 2013,
publicados hoxe polo Observatorio da Sociedade da Información e a
Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a
Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).
Esta
investigación achega outros moitos datos de interese, por exemplo
que o nivel de emprego no sector TIC galego situouse en xuño do ano
2013 nos 15.144 traballadores, o que representa o 1,7% da poboación
ocupada galega, unha décima máis que en anos anteriores. “Malia
a conxuntura económica
actual”, sinala AMTEGA,
“o emprego neste sector mantense por riba dos 15.000 traballadores
desde o ano 2010”. Así,
o
valor engadido bruto (VEB) do sector TIC galego representou o 2% do
PIB de Galicia e o volume de negocio das empresas TIC galegas superou
os 2.240 millóns de euros no ano 2012, unha cifra lixeiramente
superior á do ano 2011, correspondendo un 82,7% do volume de negocio
a clientes galegos e un 13,9% ao resto de España.
Polo
que respecta ao
perfil do tecido empresarial TIC é basicamente
o das microempresas, un 94,6% das empresas TIC contan con menos de 10
asalariados, e un 35% das empresas TIC son autónomos. As empresas
do sector TIC concéntranse principalmente nas provincias da Coruña
(48,1%) e Pontevedra (35,6%) e máis da metade (51,8%) adícase a
actividades informáticas
Desde
a perspectiva de xénero, constátase unha menor presenza da muller
no sector TIC. Apenas o 37,5% do persoal das empresas TIC galegas son
mulleres. Os homes teñen maior presenza en todos os postos das
empresas tecnolóxicas, agás nos administrativos, de maior presenza
feminina.
Ademais,
as firmas tecnolóxico-dixitais
galegas contan cunha maioría de profesionais TIC con formación
universitaria ou especializada a través de ciclos formativos TIC. Un
47,1% dos traballadores do sector TIC ten titulación TIC de grao
superior ou medio, mellorando así a especialización dos
profesionais TIC galegos (ano 2012: 38,2%), e un 23,2% conta con
ciclos formativos TIC superiores ou medios.
Segundo
engade o Observatorio, as
propias empresas TIC manifestan confianza nun panorama de
estabilidade para o sector nos vindeiras
anos: “Un 40,3% das empresas TIC galegas define o seu momento
empresarial actual como de consolidación e un 45,9% prevé
estabilidade ou expansión do sector de cara aos próximos tres
anos”, explícase.
Por
outra banda, a Axencia engade que os
últimos resultados das enquisas do OSIMGA constatan
que as empresas TIC galegas están a apostar polo potencial da
innovación. Deste
xeito arredor dun terzo destas firmas
desenvolveu actividades de I+D+i nos tres últimos anos, un
incremento do 15,1% respecto do período anterior. Destas empresas,
un 71,3% obtivo produtos comercializábeis,
explícase. E engádese: “Cada
vez existe maior necesidade por parte dos traballadores e empresarios
de adaptarse ás variábeis
demandas do
sector; así
o reflicte o feito de que o 38,6% das empresas TIC galegas
desenvolveu accións formativas en TIC no ano 2012”. As principais
áreas de interese en formación TIC son: seguridade informática e
protección de datos, tecnoloxías cloud
e
administración de sistemas operativos. Salientan
pola súa traxectoria ascendente o interese amosado en tecnoloxías
de computación na nube (cloud
computing),
tal e como se demostra no feito que máis dun terzo das nosas
empresas TIC empreguen xa tecnoloxías desta natureza, sobre todo na
súa modalidade de Software como Servizo (Saas), tales como Google
Apps Bussiness, Office 365, SalesForce.com, Dropbox, etc.
Incrementouse tamén a presenza das
nosas firmas do sector
en Internet, tres de cada catro empresas TIC dispón de páxina web,
6,7 puntos máis que no ano 2012. Ademais. O 30,6% das firmas
tecnolóxico-dixitais
galegas está presente nas redes sociais, 10,6 puntos máis que no
ano 2012 e as empregan, principalmente, para accións de
mercadotecnia.
Por
outra banda, a práctica totalidade das enquisadas ten contratada
banda larga
e un 94,9% das empresas TIC recibe
por contrato unha
velocidade de conexión a Internet superior a 2 Mpbs, 4 puntos máis
ca
no ano 2012. A velocidade de acceso máis frecuente a comprendida
entre os 10 Mbps e os 30 Mbps (45%).
Asemade,
un
28,1% das empresas TIC emitiron facturas electrónicas e un 41,4%
recibiunas. O 49,7% das empresas TIC galegas utilizou a sinatura
dixital, 6,3 puntos máis que no ano 2012. Este indicador elévase ao
81,3% no caso das empresas TIC de 10 e máis asalariados.
O
69,5% das empresas TIC galegas que dispoñen de Internet interactuou
coas Administracións Públicas a través da Rede, 2,7 puntos máis
que no ano 2012. Este indicador elévase ao 96,8% no caso das
empresas de 10 e máis asalariados/as .
Polo
que atinxe ao comercio electrónico, o
73,5% das empresas TIC mercou a través de Internet, 3,2 puntos máis
ca en
2012, e unha de cada catro empresas do sector TIC vendou a través de
Internet. O peso das vendas a través do comercio electrónico
representou o 35,3% sobre o volume de negocio destas empresas. “Estes
datos”,
explica
AMTEGA, “veñen
indicar que as empresas TIC galegas dispoñen dunha ampla marxe de
mellora para a venda dos seus produtos a través do comercio
electrónico”.
O
Diagnóstico
ás Empresas TIC sobre a Sociedade da Información en Galicia 2013
baséase nas preto de 500 enquisas realizada polo OSIMGA
e en información procedente do IGE e INE, sobre o número de
empresas, emprego e contribución do sector TIC ao PIB galego. Todos
os informes e documentos do OSIMGA distribúense libremente na Rede
baixo licenza Creative
commons e
están dispoñibles na web do Observatorio: www.osimga.org.