A moda urbana xa ten un videoblog de seu

martes, 24 de xullo do 2007 Marcus Fernández

Aínda que na Rede xa existen varios blogs dedicados ó mundo da moda, o vídeo era un formato que se resistía a chegar ó mercado español, o que vén a cambiar co nacemento de Tendencias.tv, que é un videoblog dedicado ás tendencias de moda urbana que xa conta con varios vídeos cunha calidade de imaxe aceptable (aínda que demasiado comprimida), unhas montaxes dinámicas e animadas, e unha ambientación sonora bastante acorde ós seus contidos.
Actualmente a web xa presenta 52 capítulos, polo que os usuarios interesados pola temática non terán tempo de aburrirse neste espazo, que demostra que os contidos en vídeo na Rede non só exclusiva de amantes da tecnoloxía.

PUBLICIDADE