A masacre nun instituto finlandés anunciouse horas antes en YouTube

xoves, 8 de novembro do 2007 Marcus Fernández

Un alumno do instituto Jokela de Tuusula (Finlandia) emprendeu un tiroteo nunha aula, que logo se espallou por todo o centro, matando a 8 persoas e ferindo a varias máis, tralo que se intentou suicidar (actualmente se atopa en estado crítico) destacando o feito porque o anunciara previamente nun vídeo publicado en YouTube.

Pekka-Eric Auvinen facendo probas de tiro nun dos seus vídeos

O mozo de 18 anos empregada o alcume Strumgeist89 (strum geist significa espírito da tormenta) para publicar clips no servizo de vídeos de Google (o seu usuario está actualmente suspendido) nos que se lle podía ver probando a súa pistola (á que chamaba Catherine) e nos que se definía coma un «selector natural».
Esta masacre resulta especialmente preocupante por ter elementos comúns coa de Virginia Tech (que mesmo inspirara un videoxogo en Flash), dando a impresión de que existe un efecto contaxioso neste tipo de accións violentas, que se podería magnificar pola excesiva cobertura mediática que reciben.

PUBLICIDADE