A loita libre americana mudarase a Netflix

martes, 23 de xaneiro do 2024 Marcus Fernández

Está a converterse en tendencia que as principais plataformas de vídeo baixo demanda adquiran dereitos de retransmisión deportivos, e mentres Apple TV+ conta co fútbol estadounidense e Prime Video conta con numerosos deportes en función do país (en España, por exemplo, podemos ver baloncesto xuvenil e tenis, dende Netflix sorprenden anunciando un acordo a longo prazo coa WWE.
O anuncio é moi relevante, xa que supón que a partir de xaneiro de 2025 os programas semanais de loita libre americana coñecidos como Raw, en emisión dende hai 31 anos, deixarán de emitirse na televisión lineal en EE.UU., Canadá, Reino Unido e América Latina (xunto a outros territorios que irán detallando) para verse en exclusiva a través de Netflix, plataforma que tamén acollerá outros programas e especiais que estarán dispoñibles internacionalmente.
Dende a WWE están entusiasmados co acordo, xa que deste xeito o seu espectáculo ábrese a un público global moi amplo.

PUBLICIDADE