A iniciativa Memoria de Muller comeza achegando a 5 mulleres curtienses á sociedade da información

mércores, 24 de setembro do 2008 Marcus Fernández

5 mulleres de Curtis participaron na iniciativa Memoria de Muller

Onte presentouse en Curtis a iniciativa Memoria de Muller a través da que 5 mulleres da vila, maiores de 50 anos, se achegaron á sociedade da información para relatar as súas vivencias, elaborando 5 vídeos con fotografías e imaxes delas mesmas, ás que lles engadiron a narración da súa propia historia persoal, dende unha perspectiva de xénero, empregando a súa voz e o son e músicas que consideraron.
As pezas finais desta iniciativa impulsada pola Rede de Dinamización da Sociedade da Información en colaboración co Concello de Curtis foron Memoria dunha nai de Pilar Sánchez, O muíño do Peneco de Pilar Vázquez, Historia dunha muller emigrante de Silvia Díaz, A miña vida de nai feliz de Carmen Martínez e Memoria gráfica dunha muller traballadora de Ángeles Díaz.
Estas creacións serven tamén para recuperar a memoria histórica, persoal social e/ou cultural de Curtis, e esta mesma iniciativa se replicará en distintos concellos galegos, contribuíndo así tanto ao achegamento dos maiores ás TIC como á conservación da súa pegada no mundo.

Unha das participantes seleccionado fotografías para a súa peza audiovisual

As mulleres prepararon as narracións que acompañaban ás súas fotografías

PUBLICIDADE