A garantía de Panasonic non cubre os queimados en pantallas de plasma
xoves 5 de novembro do 2009, por | |
| Compartir |

- Os logos das canles de televisión poden fixarse en distintos tipos de pantalla
Ao elixir entre as distintas tecnoloxías dispoñibles
actualmente nos televisores domésticos, existen características que tendemos a
obviar, e ás veces coñecémolas polas
bravas, coma o que lle pasou a un posuidor dun televisor de plasma
Panasonic de 42 polgadas, que pese a custarlle no seu momento máis de 1.400
euros, non evitou que cando a pantalla debería estar totalmente en negro,
presentaba unha especie de mancha nunha esquina, de aí que remitirse o
televisor ao servizo técnico, que tras 2 meses respondéronlle que a mancha era «a mosca de Antena 3» e
comentaron que non arranxaban tal problema dentro da garantía da pantalla por
corresponder a un «uso indebido» da
mesma.
O caso, aparte da mera anécdota (que xerou un intenso
debate en Menéame), debería chamar á reflexión a moitos usuarios que
queren mercar un novo televisor, pois os problemas de queimado das pantallas de plasma son algo que deberán ter en conta
os consumidores que pretendan ver durante moitas horas a pantalla en modo 4:3
(as bandas negras laterais poderían chegar a marcarse) ou as pantallas que vaian a utilizarse en puntos de
información. Lembremos que este tipo de problema non é unha novidade, e moitos
son os televisores e monitores que presentaban este tipo de problemas, e tamén
hai que destacar que existen solucións
caseiras que permiten arranxar o asunto mediante a reprodución de certos vídeos
que forzan os píxeles para resucitalos
(aínda que estes métodos non son infalibles).
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68














