A galega Vitae consultores organiza un curso de cloud computing na Coruña
xoves, 9 de febreiro do 2012
O vindeiro venres 24 de febreiro, o Hotel Tryp da Coruña vai dar acollida a un curso de 4 horas de duración sobre cloud computing, no que se analizarán en profundidade os servizos que poden tirar proveito desta tecnoloxÃa e a súa utilidade en diversos campos.
Tamén se explicarán, da man do experto en informática de sistemas, Antonio Soto RodrÃguez, as claves da lexislación vixente en materia de protección de datos, un dos puntos máis conflitivos, xunto co da seguridade de almacenamento, á hora de usar esta tecnoloxÃa en auxe.
O curso, que dará comezo a partir das 16:30 horas, vai dirixido a profesionais do eido das TIC, responsables de departamentos tecnolóxicos e responsables de áreas de Sistemas da Información, asà como a usuarios de novas tecnoloxÃas que mostran interese na materia do almacenamento na nube.
Ademais dunha introdución ao cloud computing, na que se darán unhas pinceladas sobre a súa historia, caracterÃsticas e modelos de servizo, o programa da xornada inclúe nocións sobre información pública e privada na nube, privacidade, confianza e control de datos, e ofertas de almacenamento na nube que ofrecen algunhas compañÃas, como Microsoft, Google ou IBM, entre outras.
As persoas que queiran participar deberán solicitar praza previamente mediante correo electrónico nas direccións, marcos@vitaedigital.com e vitae@vitaedigital.com, ou ben chamar aos teléfonos 986 47 21 01 / 637 82 02 57, onde recibirán información adicional.
O prezo da xornada é de 54 euros por asistente, e as prazas serán cubertas por rigorosa orde de inscrición.
