A galega SetPay inicia operacións en Portugal

luns, 16 de novembro do 2015 Redacción

SetPay inicia operacións en Portugal ofrecendo un servizo único e novo de TPV móbiles no país, sen cotas mensuais e que ademais de permitir cobrar con tarxeta en calquera localización, acepta pagos da rede Multibanco, VISA e Mastercard. O lector é tan pequeno como unha calculadora e para usalo tan só se necesita unha aplicación para móbil ou tableta e conexión a Internet. Ademais non ten nin penalizacións por baixa facturación, nin permanencia, xa que só se cobra unha comisión do 1,69% ao 2,69% por cada uso, unha formulación que revoluciona radicalmente os estándares no país, beneficiando a pequenas empresas e autónomos.
Este TPV móbil supón abrir as portas de numerosos establecementos e negocios ao pago con tarxeta internacional en Portugal, xa que en moitos casos están limitados a transaccións con bancos nacionais e a altas cotas fixas. As condicións supoñen, así mesmo, un gran paso adiante á hora de aforrar custos se comparamos as condicións de servizo coas das entidades que ata o momento ofrecen TPV na república.
O datáfono de SetPay conta con todos os sistemas e protocolos necesarios para garantir pagamentos seguros 100% tanto para o cliente como para a empresa ou profesional e dispón dunha aplicación que permite realizar reembolsos ou enviar vía e-mail a factura.

PUBLICIDADE