A galega Quobis organiza en outubro seminarios de balde sobre comunicacións intelixentes nas empresas

luns, 16 de outubro do 2006

A galega Quobis (ten base no Poriño) e Cisco queren informar ó empresariado galego sobre diversas canles para acadar aquilo que veñen chamando “comunicacións intelixentes”. A xuízo destas dúas firmas, o incremento da competitividade e da operatividade dunha empresa en virtude dun bo emprego das novas tecnoloxías non é algo exclusivo das grandes corporacións. Na liña de presentar novos produtos e servizos que permitan (din) “unha xestión rápida, segura e eficaz do negocio” é onde hai que situar os dous seminarios de balde que Quobis e Cisco organizan en Galiza este mes de outubro.
O primeiro deles celebrarase no Hotel AC A Coruña o día 19, a partir das 9.00 horas, e o segundo terá lugar no Hotel AC Palacio Universial de Vigo, o día 26 de outubro e tamén en horario de mañá.
Para máis información sobre estas xornadas, cómpre visitar a web de Cisco. Os temas a tratar serán principalmente os seguintes: reducción de custos (con rede de voz e datos), mellora nas comunicacións dentro e fora da empresa e consecución dunha rede segura.

PUBLICIDADE