A galega ETNOGA recibe en Valencia un premio pola súa achega innovadora

mércores, 21 de marzo do 2007

A empresa galega ETNOGA, especializada en ofrecer servizos culturais innovadores, estará estes días en Valencia co fin de recibir un dos galardóns dos Premios Bancaja para Novos Emprendendores que a entidade bancaria concede cada ano ós proxectos de negocio máis salientables de toda España. O recoñecemento, dotado con 10.000 euros, se lle concede a ETNOGA Xestión do Patrimonio Cultural dentro da modalidade de Empresas tradicionais e/ou sociais. En representación desta iniciativa galega acudirán Olga Conde e Carmela Sánchez, que levan dende febreiro de 2006 achegando servizos de catalogación de manifestacións histórico-artísticas (materiais, inmateriais ou mesmo naturais), entre outras actividades relacionadas coa xestión das obras.

PUBLICIDADE