A galega 2Mares amosa a súa tecnoloxÃa no Salón Expocontact de Madrid
martes, 21 de maio do 2013
A empresa galega 2Mares
informa que estará estes dÃas na nova edición (a novena) dun dos
principais escaparates estatais de novas tecnoloxÃas, metodoloxÃas
e modelos de comunicación e atención co cliente empresarial: o
Salón
Expocontact´13, que se celebra os dÃas 22 e 23 de maio en
Madrid. Ao seu acubillo, 2Mares participará co relatorio Tres
sorpresas ao analizar as conversas de extremo a extremo, a cargo
de Enrique de Miguel iLarri, responsable da empresa galega. Asemade,
tamén ten previsto participar na mesa redonda Redes sociais e
ferramentas 2.0 na xestión para o cliente do futuro, xunto a
outros profesionais da innovación ao servizo da xestión dos
clientes nas diferentes comunidades e servizos de Internet.
Salientar que 2Mares,
especializada no desenvolvemento de recursos innovadores para que as
empresas optimicen e rendibilicen as súas canles de comunicación,
estará no dito salón como patrocinadora de ouro, contando tamén
cun stand de seu dende o que informará das posibilidades de
solucións como Intellixente,
un recurso tecnolóxico para escoitar a voz dos compradores dun
produto ou servizo, tomándolle o pulso aos milleiros de opinións
persoais que se verten na Rede sobre o devandito produto ou servizo
(e avaliando a posición que ten unha empresa entre a sociedade).
