A fibra de Digi xa está dispoñíbel en Pontevedra

venres, 3 de marzo do 2023 S. P.

A operadora Digi comunicou que a súa tecnoloxía FTTH (Fibra Pro-DIGI), que achega até 10 Gbps de velocidade, está dispoñíbel a partir deste 3 de marzo para a súa contratación por 25 euros ao mes en León e Pontevedra. Deste xeito, este servizo chega xa a un total de 30 provincias.
Respecto das vantaxes que achega a tecnoloxía da operadora, atópanse os seguintes: alta velocidade (con até 10 Gbps simétricos), posibilidade de conectar (ao router Wi-Fi 6) múltiples dispositivos á vez sen perder calidade no sinal), alta experiencia en gaming grazas a unha menor latencia, un uso máis eficiente da enerxía (o Wi-Fi 6 require un menor consumo dos dispositivos conectados, “o que se traduce nun maior aforro de enerxía e nun beneficio para o planeta ao reducir o impacto ambiental”, explica Digi) e asesoramento durante a instalación por parte dos técnicos da operadora.
Quen precise contratar a fibra da empresa (por 25 euros ao mes) poderá facelo a través da páxina web da compañía, en calquera dos seus puntos de venda, nas casetas Digi da maioría dos principais centros comerciais ou chamando ao 1200, gratis desde a rede Digi, ou ao 919 120 120, desde outra operadora.

PUBLICIDADE