A estrea do PowerPoint de Google podería ser inminente

venres, 14 de setembro do 2007

Presently podería ser a ferramenta en liña de Google para ocupar o lugar do PowerPoint de Microsoft, ou sexa, que a familia de Google Docs que permite facer documentos de texto e follas de cálculo contaría tamén cun sistema de presentacións que podería emerxer nos vindeiros días segundo publican en The Inquirer.
A nova aplicación estaría baseada parcialmente en código conseguido por Google trala adquisición das empresas Zenter e Tonic Systems a primeiros de ano, e podería pechar o círculo de aplicacións que porían en xaque ó software baseado no escritorio para pasar a apostar pola Rede.

PUBLICIDADE