A estratexia Innterconecta Galicia mobilizará 60 millóns de euros para I+D+i

xoves, 29 de setembro do 2011 Redacción

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, tras o Consello da Xunta de hoxe, presentou a estratexia Innterconecta Galicia como un programa chave para a comunidade autónoma, «e moito máis clave en momentos de crise económica», co que se financiarán proxectos de innovación de emprendedores e centros tecnolóxicos mobilizando un total de 60 millóns de euros entre achegas públicas e privadas e que nace da colaboración entre o Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía e a Xunta.
Núñez Feijoo destacou que o investimento de 60 millóns é o maior realizado por un goberno autonómico no ámbito da innovación na historia da autonomía, e sinalou que se trata da primeira vez que os fondos europeos que xestiona o CDTI se completan con presuposto corrente do Goberno galego. Os fins da posta en marcha de Innterconecta Galicia é a colaboración entre Xunta e Ministerio coas empresas e os centros tecnolóxicos de forma coordinada e planificada; a posta en marcha de máis facilidades para que os emprendedores poidan obter financiamento; e a implicación do presuposto corrente da Xunta de Galicia, por primeira vez, para completar os fondos europeos.
Así, o presidente galego salientou que, aínda que o éxito da estratexia depende en gran parte das empresas galegas, «aos emprendedores hai que acompañalos (..) nun momento de escaseza de crédito e de escaseza de liquidez».
O financiamento axustarase ao tamaño das empresas (poderá chegar ao 60% no caso das empresas pequenas, ao 50% nas medianas e ao 40% nas grandes), e como principais novidades deste programa destacan as facilidades das empresas para acceder a este financiamento (baixo o límite de proxectos financiables de 5 millóns de euros a 1,5).


Declaracións do presidente tras o Consello da Xunta

PUBLICIDADE