A empresa coruñesa Solar PST conta cunha nova fábrica en Portugal

martes, 2 de outubro do 2007 Marcus Fernández

A empresa coruñesa Solar PST dá un importante salto no seu espallamento comercial no mercado internacional xunto con Energie ó abrir a finais de setembro unha nova fábrica en Povoa de Varzim (Portugal) que servirá para a produción de paneis solares termodinámicos, sendo a maior planta deste tipo en Europa cun total de 3.000 m2, para o que realizaron un investimento de 2 millóns de euros.

Vídeo de presentación da empresa

Solar PST agarda chegar a finais de ano ós seus primeiros 10.000 paneis termodinámicos vendidos e o seu director executivo, Pablo Fernández, calcula que durante 2008 colocarán máis de 12.000 paneis no mercado. a través de 140 distribuidores, chegando mesmo a exportar a Chile, Bélxica, Francia, Portugal, México e Italia.

PUBLICIDADE