A edición impresa de Código Cero chega ao seu número 64

xoves, 16 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Como tódolos meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF.
Nesta nova entrega dedicamos un especial interese ao software libre en Galicia sen esquecer as nosas achegas habituais na actualidade da Internet e do sectro tecnolóxico.
Ademais tratamos outros temas entre os que destacamos os seguintes:
- Google podería estar favorecendo unha fenda dixital co galego
- A Universidade de Vigo dá a coñecer o dicionario inglés-galego máis completo da Rede
- O SERGAS informa dos seus traballos a prol das TIC na sanidade galega
- O galego entra nos móbiles
- Escolma das persoas con máis peso na Sociedade da Información
- Igalia lánzase ao software libre para móbiles
- Entrevista a Helena Veiguela, directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información
- Industria e AGASOL, xuntas contra a crise
- As universidades galegas pechan fileiras arredor da programación aberta
- Mancomún participa no evento lusófono BrOffice 2008
- Parte sobre o estado da tradución do software ao galego
- Entrevsita a Xesús Benítez Baleato, coordinador de Mancomún
- Innovación e Industria achega 55.000 euros para afianzar o código aberto
- O navegador Firefox segue imparable
- Entrevista a Roberto Vieito, autor dun estudo sobre software libre en Galicia
- Trisquel: o sistema operativo galego para as empresas e a educación
- Xogos: as novidades máis salientables da tempada

PUBLICIDADE