A edición en liña de Mañá en xogo supera as 2.000 visitas

venres, 2 de marzo do 2007

A edición en liña do xornal deportivo Mañá en xogo está a facerse un oco entre os internautas galegos que, amais de andar pola Rede son tamén lectores deste tipo de contidos e xa andan un pouco cansos de tanta publicación deseñada fóra da nosa terra e orbitando sempre arredor dos mesmos temas. Iso precisamente (os mesmos temas de sempre) é o que non van atopar en Mañá en xogo, que no mes de febreiro (logo de catro meses de andaina) acadou a cifra de 2.000 visitas -o que supón unha medida de 600 ó mes e 20 por día- e 200 novas publicadas, o que se traduce en 50 informacións cada mes e case dúas por día. Cómpre salientar que este venres 9 de marzo, vaise pór na rúa un novo número da edición en papel.

PUBLICIDADE