A distribución Fedora chega á versión 10

mércores, 26 de novembro do 2008 Marcus Fernández

A só 6 meses do lanzamento da distribución de Linux Fedora 9 chega Fedora 10, achegando actualizacións das aplicacións libres máis populares. Entre as novidades máis importantes da nova entrega de Fedora estrarían a compartición se conexións sen fíos en redes ad hoc, mellor configuración e uso de impresoras a través de ferramentas de administración melloradas, simplificación da provisión de almacenamento para conexións locais e remotas de virtualización, novo sistema de auditoría de seguridade e detección de intrusións (SecTool), reescritura do servidor de son PulseAudio que mellora o seu rendemento e permite un audio sen interrupción, mellor soporte de webcam e mandos a distancia, e moitas outras melloras.
Amais, Fedora 10 tamén inclúe o OpenOffice 3, KDE 4.1.2, Gnome 2.24, RPM 4.6, o contorno de escritorio Sugar e o sistema de arranque Plymouth.

PUBLICIDADE