A demada de Telecinco a YouTube podería non ter validez

venres, 11 de xullo do 2008

Hai un mes Telecinco anunciou que ía emprender accións legais contra Google pola difusión ilícita a través de YouTube de contidos da súa propiedade sen a pertinente autorización, e parece que a demanda non ten validez por estar baseada nunha interpretación errónea da lei e incumprir os requisitos legais esixidos para a interposición da querela (como notificar a denuncia na sede central de YouTube en EE.UU.), segundo declarou Glenn Brown, director de alianzas estratéxicas de YouTube, ao xornal El País.

PUBLICIDADE