A curta galega Adiviña quen vén comer mañá, polo miúdo na Rede

martes, 31 de xaneiro do 2012 Redacción

Xa está na Rede todo o relativo á curta galega Adiviña quen vén comer mañá, producida por Pixel Films, Propopeya e Nephilims e dirixida por Pepe Jordana. Podemos albiscala, que non vela por enteiro, o seu sitio propio na rede social Facebook (onde se ofrece cada pouco información sobre a vindeira estrea e sobre o propio miolo do filme), na páxina web propia (onde se achega o tráiler) e máis en YouTube, onde tamén está á vista un adianto.
O filme, que se estrea na nosa terra o vindeiro xoves 9 de febreiro, nos Cines Filmax da Coruña ás 20.30 horas, conta con equipo artístico e técnico galego, tal e como se pode apreciar claramente no seu tráiler. Segundo informan as produtoras, a estrea a nivel nacional celebrarase en Madrid, o vindeiro 21 de febreiro, na Cineteca de El Matadero.

PUBLICIDADE