A cuarta edición de ExpOtaku reserva espazo para os videoxogos e a robótica

venres, 24 de maio do 2013 Marcus Fernández

Un ano máis o recinto feiral de EXPOCoruña acolle a parada coruñesa do encontro ExpOtaku, que dende 2010 xira por varias cidades españolas para exaltar a cultura xaponesa dun xeito especial, dando relevancia á banda deseñada e á animación nipoas, ao fenómeno cosplay e, incluso ao mundo dos videoxogos. Deste xeito, entre os días 24 e 26 a cidade da Coruña facilita a participación en campionatos de videoxogos, permite ver en vivo numerosos exemplos de informática clásica e incluso ampara unha exposición fotográfica de robots androides grazas á colaboración do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT).
No primeiro día de ExpOtaku desenvólvense torneos dos xogos de loita BlazBlue Continuum Shift (Xbox 360), Bragon Ball Budokai 3 HD (PS3) e Naruto Ninja Storm 3 (PS3); o sábado continuarase a competir co xogo de Son Goku para PS3, ao que sumaranse Super Smash Bros Brawl (Wii), Tekken Tag Tournament 2 (PS3) e incluso o célebre Pokémon para Nintendo DS (organizado por AGAMA); e rematando o domingo con torneos de Super Street Fighter IV (Xbox 360), Dragon Ball Budokai 3 HD (PS3) e Marvel vs Capcom 3: Fate of Two Worlds (Xbox 360). Durante os tres días tamén será posible xogar libremente a consolas clásicas como a NES, a Super Nintendo, a Nintendo 64, a GameCube, a SEGA Megadrive, a Dreamcast e a SEGA Saturn.

Os torneos de videoxogos son un dos atractivos de ExpOtaku
As consolas clásicas poden probarse libremente en ExpOtaku

PUBLICIDADE