A crise pode con algunhas das empresas favoritas dos internautas

xoves, 23 de decembro do 2010 Fernando Sarasketa

O servizo en liña 11870.com vén de publicar un estudo que ten un aquel de informe fúnebre. Trátase do reconto de todas aquelas empresas populares entre os membros de 11870.com que tiveron que poñer o cartel de “pechado” ao longo deste ano que remata, sobre todo por mor da crise produtiva que nos afecta a todos. Estamos a falar sobre todo de pequenas e medianas compañías, moitas delas situadas nas listaxes de preferidas polos internautas, privilexio que tristemente non lles serviu para seguir adiante. Segundo conta 11870.com, entre os sitios en liña afectados atópanse algúns previamente recoñecidos como os mellores do ano 2010 polos usuarios da devandita web, é o caso de Wok Delight, La Taverna Siciliana, La Zamorana, Nunc Est Bibendum ou algúns locais de Peggy Sue’s.
Tamén caeron algúns locais moi populares pola dita rede, como Ottocento, Circus Let’’s Noodle, Zaranda, La Soleá ou Womo. Asemade, a crise lévase por diante establecementos de Starbucks Coffee, La Plataforma de la Construcción, Swatch, Lizarrán ou Giangrossi.

PUBLICIDADE