A cidadanía de Boiro poderá formarse no uso da banca electrónica cunha charla na Aula CeMIT

venres, 4 de novembro do 2022 S. P.

A Aula CeMIT do Concello de Boiro ofrece unha charla sobre tramitación electrónica coa banca, co fin de facilitar o seu manexo entre a cidadanía neste contexto de imparábel avance dos procesos e das xestións bancarias online e de peche de sucursais. A actividade enmárcase na formación en competencias dixitais que ofrece o Concello de Boiro mediante a Aula CeMIT.
A charla, nomeada Canles para operar dixitalmente co teu banco celebrarase o vindeiro xoves 24 de novembro entre as 12.00 e as 13.00 horas. As prazas son limitadas polo que se require inscrición previa.
Máis información e inscricións en axentetic@boiro.org, no teléfono 981 84 26 35 ou no móbil 629 769 139.

PUBLICIDADE