A busca xestual chega a Android
xoves 4 de marzo do 2010, por | |
| Compartir |
O sistema operativo móbil
Android continúa a innovar da man dos laboratorios de Google, de xeito que non
se limitan a emular prestacións de terminais coma o iPhone, e fan camiño con
aplicacións coma Gesture
Search, que é un buscador integrado no móbil que permite localizar
de xeito rápido un contacto, unha aplicación, un marcador ou unha canción
mediante xestos que debuxen letras na pantalla táctil dos dispositivos, de
xeito que se facemos un A veremos coma en pantalla aparecen os resultados que
comecen por tal letra, tras o que poderemos seguir introducindo as letras
sucesivas mediante o mesmo mecanismo, contando tamén coa posibilidade de
corrixir as grafías tachándoas
virtualmente, mecánica á que estarán afeitos os que empregasen o recoñecemento
de escritura nalgún Tablet PC ou na pantalla táctil dunha Nintendo DS xogando
ao Brain Training.
Gesture Search achega un novo xeito de localizar contidos nos terminais con
Android, que pode resultar moi práctico para moitos usuarios, que poden xa
descargalo de balde do Android Market.
Demostración de Gesture Search nun Nexus One |
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68














