A beta do Opera Mobile 9.7 acelerará as descargas grazas ao uso de compresión
martes, 31 de marzo do 2009
Para deixar clara
a súa forza no sector dos navegadores web móbiles, dende Opera adiantan
o que será o Opera Mobile 9.7 beta, que contará co motor de
renderizado Presto 2.2 (de grande velocidade e capaz de superar completamente
as probas de estándares Acid 3, algo sen precedentes nun navegador móbil),
integrará Opera Turbo (servizo que promete axilizar a navegación móbil á vez
que reduce os custos de conexión grazas ao uso de compresión de datos), novo
xestor de widgets, soporte para Google Gears e aceleración por hardware a
través de Open GL ES.
A nova versión do programa tamén corrixe moitos dos fallos detectados en
anteriores entregas de proba do Opera Mobile, aÃnda que en xeral o que
sorprende e a súa velocidade, que supera amplamente aos seus principais
competidores, coma podemos ver no seguinte vÃdeo:
Comparación de velocidade entre distintos navegadores móbiles