A banda larga móbil medrou un 50% no último ano

martes, 7 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Portátil Macbook Pro conectado á Internet a través de 3G

A Comisión do Mercado de Telecomunicacións (CMT) sinalou que o 10% das conexións de banda larga en España se corresponden a conexións a través do móbil, o que supón un incremento interanual do 50%, aínda que segundo o presidente da CMT, Reinaldo Rodríguez, é cedo para que se considere que este tipo de produto pode substituír á banda larga fixa, existindo moitas diferenzas entre estes dous servizos.
Lembremos que a banda larga móbil ten prezos moi superiores ás conexións por ADSL ou cable, unha velocidade nominal inferior e con limitacións de transferencia de datos (que nalgúns casos fai que sexa difícil incluso cualificar as conexións coma de banda larga).

PUBLICIDADE