A banda larga en España non baixou de prezo dende 2006

venres, 17 de abril do 2009 Marcus Fernández

A web ADSLzone denuncia que as tarifas banda larga de acceso á Internet en España non baixaron de prezo dende 2006, sendo o único segmento de telecomunicacións que non modificou as súas tarifas á baixa, pese a que o bucle de abonado xa baixou 2 veces de prezo no mesmo período e 1 vez o prezo que Telefónica cobra aos seus rivais .
Esta situación é especialmente grave porque España é actualmente un dos países con acceso á Rede máis caro de Europa, e incluso os prezo experimentaron un lixeiro aumento.
Amais, as zonas nas que non existe competencia, por ser todas as liñas pertencentes a Telefónica (o resto de operadores só revenderían o servizo) os usuarios teñen que pagar un 32% máis que no resto do Estado, o que resulta claramente discriminatorio.

PUBLICIDADE