Factura electrónica

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

A banda larga, a culpable segundo a SGAE de que baixen as audiencias televisivas

mércores 28 de xullo do 2010, por Fernando Sarasqueta | | Compartir | |

Que é mellor, a tele ou Internet? Para a SGAE, a Internet debe ser sen dúbidas algo así como o sacauntos, tendo en conta cara a onde apuntan algúns dos seus informes. Un dos máis recentes, precisamente, sitúa a Rede como principal culpable de cousas que, de pensalo cun pouco de seriedade, case é inevitable que se dean, tendo en conta a calidade do que poñen en xogo. Por exemplo: a baixada de audiencia na televisión. Estes e outros datos semellantes figuran no Anuario das Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais 2010 que a entidade de xestión de dereitos de autor presentou os días pasados nun acto perante os medios no que tamén se salientaron os males que a sociedade dixital lle está a provocar ás artes escénicas e aos concertos.
A este respecto, non deixa de ser curioso que a opinión da SGAE se dea de cheo contra o que acontece en Inglaterra ou contra a opinión dun bo número de artistas que cren ver na Rede un xeito de promover a súa música e de que a xente vaia aos seus concertos. Malia todo, para a SGAE o incremento na lonxitude de banda (que foi empregada en maior ou menor medida por un 83% da poboación do Estado en 2009) e o medre no número de internautas contribúen en boa medida ás devanditas baixas de audiencia. A xuízo da entidade, o mesmo se pode dicir sobre a radio (onde tamén baixan os seareiros, aínda que menos ca na televisión: pasaron dun 55,3% en 2008 a un 53,1% en 2009) e o vídeo e DVD (que vive un intre delicado co peche continuo de establecementos de aluguer e venda).

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS