SICON

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

A banda larga a 1 Mbps será universal en España dende o mes de xaneiro

venres 30 de decembro do 2011, por Marcus Fernández | | Compartir | |

O vindeiro 1 de xaneiro entrará o acceso á Internet de banda larga considerarase universal en España, de xeito que poderá contratarse unha conexións cunha velocidade mínima de 1 Mbps a un prezo máximo de 29,9 euros/mes (aos que habería que engadir unha cota de alta de 66 euros) para usuarios que só queiran contratar conexión á Rede, mentres que no caso de xa contar con telefonía fixa o prezo desta mesma conexións sería de 19,9 euros/mes (cunha alta de 38,1 euros) aos que habería que engadir 13,97 euros/mes pola liña telefónica. Esta última opción estaría dispoñible tamén para usuarios que non tivesen aínda contratado o servizo de telefonía fixa de Telefónica, caso no que a alta subiría a 83,5 euros.
En todos estes casos faltaría por aplicar o IVE e as conexións incluídas no servizo de banda larga universal terían un límite de transferencia de 5 Gbytes/mes, tras o que a velocidade baixaría a 128 Kbps, detalle que decepcionou a moitos consumidores, que ven así como este servizo equivale ás ofertas actuais de banda larga móbil, cunha lixeira rebaixa no seu prezo.
Este servizo subministrado por Telefónica e subvencionado polo Estado permitirá que 350.000 fogares que actualmente non contan con cobertura de banda larga poidan contratar o servizo, aínda que coas limitacións indicadas.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS