A banca electrónica e os caixeiros de Abanca quedan sen servizo por un problema técnico
martes, 26 de febreiro do 2019
Nos
últimos anos os servizos bancarios procuraron trasladarse das oficinas ás
canles electrónicas, de xeito que os caixeiros automáticos e a banca electrónica
son agora máis importantes que nunca, de aà que o incidente que está a
experimentar Abanca resulta especialmente grave, xa que dende o mediodÃa
os seus clientes non poden acceder ao seu servizo de banca electrónica para
operar, afectando este fallo de comunicación tamén aos caixeiros
automáticos, que se atopaban fóra de servizo, ante o que a entidade optou por
ofrecer aos usuarios a posibilidade de empregar caixeiros doutras entidades comprometéndose
a devolver as comisións xeradas.
Por fortuna, o uso das tarxetas de Abanca como forma de pagamento non se viu afectado,
polo que os usuarios que realizan compras con tarxeta de xeito cotián non padeceron
os efectos deste grave incidente que deixou máis da metade da xornada sen
servizo aos máis de dous millóns de clientes da entidade bancaria.
ACTUALIZACIÓN (27-2-2019): A primeira hora da mañá Abanca asegura ter solucionado a incidencia nas súas comunicacións en oficinas e caixeiros, estando a traballar para recuperar a funcionalidade no resto de servizos.
ACTUALIZACIÓN: Dende
a Unión de Consumidores de Galicia critican duramente o incidente de Abanca,
tanto pola falta de transparencia da entidade bancaria (que non desvelou as causas
do cesamento do servizo de caixeiros e banca electrónica) como pola mala
xestión da atención ao cliente (por non esforzarse a entidade en informar aos
seus clientes, tranquilizalos e orientalos).
Pola súa banda, Abanca confirma que procederon a
devolver as comisións dos clientes que durante o incidente tiveron que empregar
caixeiros automáticos doutras entidades, pero aÃnda que si deron conta da recuperación
do servizo en caixeiros automáticos, no caso da banca electrónica estamos ante
unha caÃda sen precedentes, de xeito que o servizo non se recuperou en toda a
xornada.