A aula CeMIT de Ribeira comeza o ano con sete cursos e sete seminarios tecnolóxicos
luns, 25 de xaneiro do 2021
A
aula CeMIT de Ribeira, emprazada na contorna Cubeliños, está a
preparar un total de sete cursos de novas tecnoloxÃas e dous
seminarios para os vindeiros meses de febreiro e marzo. Máis polo
miúdo, as actividades formativas versarán sobre manexo básico do
móbil, sobre a suite ofimática Libreoffice, sobre como dar os
primeiros pasos na informática, sobre a ferramenta de mensaxes
instantáneas Whatsapp, cobre certificado dixital, sobre retoques de
imaxe coa ferramenta libre GIMP e sobre ofimática na nube (Google
Drive). A maiores, desenvolveranse un seminario dedicado á
seguridade en Internet e outro sobre control parental.
O
prazo de inscrición abrirá este mércores 27 ás 9 horas, ata
cubrir prazas. As persoas interesadas poden anotarse ben na sede da
aula CeMIT en Cubeliños (teléfono 981 876 043) ou ben por vÃa
telemática na web da
aula.
O
Concello de Ribeira explicou que as clases desenvolveranse
respectando a normativa de seguridade anti-COVID, é dicir,
distanciamento, 50% de capacidade (o que implica que só haberá 6
prazas), uso de máscara durante toda a sesión, ventilación
continua da aula, hixiene de mans e desinfección dos postos de
traballo.
En
canto ás caracterÃsticas concretas de cada actividade:
·
Manexo básico do móbil.
Contido:
Uso básico do
dispositivo. Teléfono e contactos, acceso a Internet, cámara,
instalar e desinstalar apps, borrar arquivos.
Data:
01 de febreiro de
2021 - 04 de febreiro de 2021
Horario: 11:30 –
13:00
· Libreoffice.
Contido:
Manexo do editor de
texto, da folla de cálculo e do creador de presentacións -
LibreOffice
Data:
08 de febreiro de
2021 - 31 de marzo de 2021
Horario: 09:30 –
11:00
· Iniciación á
informática.
Contido:
Descubrir diferentes
utilidades do ordenador. Coñecer os elementos básicos dun
ordenador. Familiarizarse co uso do teclado e do rato. Familiarizarse
co uso dun sistema operativo. Crear e xestionar cartafoles e
ficheiros. Abrir, utilizar e pechar programas. Iniciarse na
navegación pola Internet.
Data:
09 de febreiro de
2021 - 25 de marzo de 2021
Horario: 09:30 –
11:00
· Whatsapp.
Contido:
Instalar e crear a
conta, comunicarte cos teus contactos, compartir arquivos, audios,
imaxes e vÃdeos, crear grupos.
Data:
08 de febreiro de
2021 - 11 de febreiro de 2021
Horario: 11:30 –
13:00
· Certificado
dixital.
Contido:
Comprender que é un
certificado dixital e cales son os pasos para obtelo, facer copia del
e renovalo. Coñecer algúns trámites electrónicos que ofrecen as
administracións públicas.
Data:
22 de febreiro de
2021 -25 de febreiro de 2021
Horario: 11:30 –
13:00
· Retoque de
imaxe. GIMP.
Contido:
Co programa GiIMP
realizar pequenos retoques de imaxe, inserir texto nunha fotografÃa
cun formato axeitado, modificar as propiedades da cor dunha
fotografÃa, ...
Data:
08 de febreiro de
2021 - 10 de marzo de 2021
Horario: 16:30 –
18:00. Luns e mércores
· Ofimática na
nube. Google Drive.
Contido:
Manexo do Drive para
almacenar e compartir arquivos na nube. Uso do paquete ofimático do
Drive
Data:
09 de febreiro de
2021 - 11 de marzo de 2021
Horario: 16:30 –
18:00. Martes e xoves
· Seminario de
Seguridade en Internet.
Contido:
Coñecer os riscos
que supón a navegación pola Internet. Tomar as precaucións
axeitadas para a navegación. Medidas preventivas.
Data:
15 de marzo de 2021 - 17 de marzo de 2021
Horario: 16:30 –
18:00.
· Seminario de
control parental.
Contido:
Charla sobre o
software de control parental no ordenador
Data:
22 de marzo de 2021
24 de marzo de 2021
Horario: 16:30 –
18:00.
· Módulo
informática Obradoiro Cociña O Pote II.
Cuberto por alumnos
do obradoiro
Data:
15 de xaneiro de
2021 -25 de marzo de 2021. Todos os venres
Horario: 08:00 –
15:30.